Camiño do Mar Inicio O Camiño O proxecto Creacións Galería de imaxes Menú
Club de robótica e programación "Camiño do Mar". Colexio de Cariño

O Camiño do Mar é unha variante que se separa do Camiño do Norte en Ribadeo, percorre a Mariña lucense e desde Viveiro diríxese ás localidades de Ortigueira, Cariño e Cedeira, desde esta vila continúa ata Ferrol onde enlaza co Camiño Inglés.

Non é un camiño moi coñecido pero si un dos máis fermosos. Os peregrinos poden ver desde os miradores do Monte Faladoiro a mextura das augas do Cantábrico co Océano Atlántico, xusto a carón do Cabo Ortegal, e sorprenderse cos cantís máis elevados da Europa continental.

Este camiño da nome ao noso club de programación, somos as nenas e nenos de cuarto e sexto do colexio de Cariño.


Benvida benvido ao noso club.

Plan Proxecta 2020 (Consellería de Educación)