Roboscratch 2023

Durante este curso a temática do programa Proxecta "Aprendo programando" foi "as persoas refuxiadas" , asunto especialmente relevante no noso colexio por ter recibido nos últimos meses un importante número de nenos e nenas procedentes de Ucraína. Na planificación dos retos tivemos en conta esta realidade e orientamos o traballo cara á produción de recursos que por unha banda permitiran que o alumnado coñecera a programación informática, e por outra banda resultara útil por estar conectado coas súas necesidades.

O proxecto "Roboscratch 2023" ten tres ámbitos de actuación:

imaxe dos obxectivos ODS

Scratch

Uso da plataforma Scratch para a introdución á programación. Creamos xogos para axudar ao alumnado migrante na aprendizaxe das linguas española e galega

Captura dun xogo Scratch

mBot

Fotografía dunha montaxe con mBot

Creamos con Mbot...

  • Xogos de luces de cores
  • Sensores de luz
  • Sensores de ultrasonidos
  • Sensores de infravermellos
  • Xogos musicais
  • Alarmas
  • Lámpadas automáticas
  • Robots segueliñas
  • Máquinas de medir
  • etc

Se premes na ligazón poderás ver máis fotos das actividades con mBot visitar a galería de fotografías

Micro:bit

O alumnado de sexto iniciouse na programación da placa Micro:bit.

Fotografía dunha placa microbit conectada a un led

Utilizamos a plataforma online Makecode para programar a Micro:bit, visitar Makecode

Fotografía dunha alumna traballando con Makecode

O que fixemos con Micro:bit:

  • Utilizamos o panel LED
  • Medimos temperatura
  • Detectamos sons
  • Medimos a luminosidad
  • Interactuamos cos pulsadores
  • Construímos lámpadas activadas por palmadas
  • Creamos robots pintores, detectores de obstáculos, contadores de canastras,etc
  • Activamos cadeas de rodas dentadas
  • Manexamos robots con volantes
  • etc

Se premes na ligazón poderás ver máis fotos das actividades con Micro:bit visitar a galería de fotografías

O noso club: Camiño do Mar

Dentro das actividades do "Club de robótica" organizamos obradoiros para achegar a robótica a outros grupos de nenas e nenos do colexio desde E. Infantil.
O club tamén prestou recursos ás aulas para a integración da robótica como recurso educativo.

Obradoiro de robótica Obradoiro de robótica

Se premes na ligazón poderás ver máis fotos dos obradoiros: visitar a galería de fotografías

Este é un proxecto do Colexio de Cariño.
Iniciativa creada dentro do programa Proxecta+ da Consellería de Educación. Xunta de Galicia