Proxecto saúde

Rutas por Cariño

Durante este curso desenvolvimos no colexio o “proxecto saúde”, que consiste nunha proposta de vida activa que ten como obxectivo principal fomentar a actividade física informal sen esixencias competitivas e en contornas seguras.
Esta iniciativa concrétase no deseño, elaboración e sinalización de diferentes rutas no concello de Cariño.
As rutas foron creadas polo alumnado de sexto de E. Primaria con uso de ferramentas TIC.

Liñas nas que se fundamenta o proxecto:


Como remate do proxecto colocamos varios elementos de sinalización nas rutas.
Estes marcadores consisten nunhas táboas de madeira de 12x12cm sobre as que se pegou un papel impreso co nome do proxecto, o nome da ruta, un código QR e o nome do colexio. Todo vai cuberto con barniz ecolóxico para a protección contra a choiva.
Este é un proxecto do Colexio de Cariño.
Rutas elaboradas polo alumnado de sexto curso.

Plan Proxecta 2020 (Consellería de Educación)