Dentro do Club de Robótica levamos a cabo tres tipos de actividades:

Programación.

Utilizamos principalmente o sitio web da "Hora do código", a plataforma Scratch e o aplicativo mBlock para programar a placa mCore.

Robótica.

Cos kits do robot mBot e o que fumos engadindo: cartón, madeira, pezas de construción, etc

Mecánica.

Deseñamos artiluxios con rodas dentadas para transmitir movemento.

Obradoiros.

Preparamos obradoiros para que o alumnado do colexio gozara coa robótica e a programación.

Recursos.

Creamos os materiais para os obradoiros.

Este é un proxecto do Colexio de Cariño.
Iniciativa creada dentro do programa Proxecta+ da Consellería de Educación. Xunta de Galicia