Como este ano a temática de Proxecta+ Aprendemos programando era o aforro de enerxía, por ese motivo pensamos que poderiamos deseñar e construír unha lámpada intelixente para aforro de enerxía.

O aparello pode ser controlado desde o ordenador ou unha tablet mediante Bluetooth, pero tamén era autónoma e acendía e apagaba segundo a cantidade de luz do sitio ou a presenza ou non de persoas.

Utilizamos a placa mCore para controlar a lámpada e engadimos sensores de luz, de ultrasóns e LEDs para producir luz

As lámparas tiñan que ser orixinais e con deseños chamativos. Había lámpada tartaruga, pinocho, faro do Ortegal, bicicleta, etc.

Podes ver as nosas lámpadas na galería de imaxes.

Este é un proxecto do Colexio de Cariño.
Iniciativa creada dentro do programa Proxecta+ da Consellería de Educación. Xunta de Galicia