Proxecto saúde: actividades.

Coñecemento da situación de partida a través da recompilación de datos.

Aplicamos enquisas para coñecer a práctica de actividade física do alumnado fóra do horario lectivo. Durante este curso non levamos a cabo actuacións en relación a alimentación e o consumo responsable.

Promoción do xogo tradicional.

No mes de novembro celebramos a semana do xogo e o xoguete tradicional. Ofrecemos ao alumnado alternativas de ocio activo.

Aplicación da proba DAFIS.

DAFIS é un protocolo de valoración da Condición Física. Máis información sobre DAFIS

Planificación de rutas pola contorna do colexio.

Levamos a cabo saídas polo entorno natural próximo ao colexio. Ademais das características propias deste tipo de actividades: motivadora, multidisciplinar, inclusiva, non competitiva, etc, ten a vantaxe de permitir ao alumnado repetir a experiencia fóra do tempo escolar.

Este é un proxecto do Colexio de Cariño.
Iniciativa creada dentro do programa Proxecta+ da Consellería de Educación. Xunta de Galicia