Proxecto saúde: obtención de datos.

Os instrumentos que utilizamos para a adquisición de datos sobre sedentarismo e práctica de actividade física por parte do alumnado foron unha enquisa de elaboración própia, o cuestionario SELFIE e o test DAFIS de condición física.

Ao inicio do curso aplicamos unha enquisa de elaboración propia para coñecer os hábitos do alumnado en relación á práctica de actividade física.

Exemplo de gráfica de resultados.
Exemplo de gráfica de resultados.

No mes de decembro o alumnado de 5º e 6º cubriu a enquisa SELFIE. Un dos apartados deste cuestionario analiza o uso da tecnoloxía nos fogares, polo que os resultados poden considerarse un bo indicador do sedentarismo propiciado polo uso de dispositivos electrónicos.

Resultados SELFIE

Durante o mes de febreiro levamos a cabo a aplicación do test DAFIS entre o alumnado de 4º, 5º e 6º.

Exemplo de informe DAFIS
Este é un proxecto do Colexio de Cariño.
Iniciativa creada dentro do programa Proxecta+ da Consellería de Educación. Xunta de Galicia