Proxecto saúde: documentos

Redactamos un plan de actuación sobre o patio escolar do CEIP “Manuel Fraga Iribarne” de Cariño para a creación de espazos para a promoción da actividade física durante os períodos de lecer do alumnado no centro educativo, especialmente nos recreos. Xurde como unha concreción do Plan de Mellora do patio escolar que foi elaborado en 2019. No plan integral enuméranse actuacións desde distintos ámbitos co obxectivo de progresar no aproveitamento do patio escolar como un recurso educativo ademais dun espazo de convivencia. Recollemos neste documento propostas para ofrecer ao alumnado espazos para a práctica de actividade física.

Ver o documento en formato PDF

 


Plan integral 2019, formato PDF

Este é un proxecto do Colexio de Cariño.
Iniciativa creada dentro do programa Proxecta+ da Consellería de Educación. Xunta de Galicia